O Bigote de Mimí
Música Infantil
Un espectáculo baseado no libro homónimo de Manuel María
Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a “LUIS VALLECILLO” para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…
Todo isto lévase á escena cun proxecto que une a un titiriteiro e unha banda de música, que axudarán a Mimí a contar a súa historia. Unha suma de recursos escénicos (plásticos, musicais, lingüísticos e corporais) dirixidos ao público infantil e familiar.
Un Dr.Guitarrista que agocha un segredo nos dedos, un baixista tremendo, un batería sobrado de ritmo, ratos abondos e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada
En O Bigote de Mimí atopamos unha metáfora da inspiración proxectada nos bigotes dun gato: son os que o fan ser que é pero, se alguén llos afeita pode arrebatarlle a identidade, aínda que quen o faga sexa algúen que o estima e pensa que o fai para o seu ben.
Pasou Manuel María pola mesma situación que Mimí? Se foi así, a historia acada unha maior riqueza e deixa unha clara mensaxe: que as nosas vidas sempre debe haber un Manuel de Paderna que nos infunda enerxía e nos inspire para seguir e loitar polo que realmente somos.
Grazas a Manuel María por agasallarnos con tan estupendos personaxes, a Xaquín Marín pola súa xenerosidade, a Jorge Rey, Celtia Figueiras, Oscar Romero, Alicia Juárez, Carmen Domech, á Banda do Cuberto (Luis Iglesias, Antón Torroncho, Aitor García) e todos aqueles que con tanta ilusión participaron neste proxecto.