Biografía
Biografía
QUEN É LUIS VALLECILLO?
Xan Sen Medo – Cantamos?
Amodiño – Cantamos?
Xogos Populares – Cantamos?
Autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros.
Por outra banda produxen á vez interpreto os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”
Compositor, dramaturgo, músico e titiriteiro, madrileño de nacemento e galego de adopción, Luis Vallecillo é creador deste proxecto. Poderiase definir como un artista multidisciplinar, así como Técnico Superior en Animación Sociocultural
Con máis de 15 anos de experiencia en “Cultura para a Infancia e Familia” creou máis de 20 espectáculos teatrais e máis dun centenar de cancións.
No 2018 estrea o seu primeiro Audio-libro “Cantamos” e a día de hoxe conta cas seguintes creacións:
– Cantamos con Luis! (2018)
– O Bigote de Mimí (2019)
– No Camiño con Luis (2020)
– A Igualdade non ten Idade (2022)
– Cantamos con rosalía? (2023)