Cantares Das Letras Galegas 2025
Unha vez máis xuntamos a música e o teatro para conmemorar, deste xeito, as Letras Galegas. este ano para festexar esta semana lebraremos á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica) para iso preparamos un espectáculo moi especial “Cantares das Letras Galegas 2025” con moitas cancións, xogos e bailes…
Nesta ocasión, tamén faremos un percorrido pola historia das Letras Galegas, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. Todo isto co tono desenfadado e divertido que caracteriza ao noso proxecto. Cunha duración de 45 minutos aprox.