Biografía

Biografía

QUEN É LUIS VALLECILLO?

Autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros.

Por outra banda produxen á vez interpreto os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, ó igual que en “Selkie” A Lenda do Mar do Norte.

Compositor, dramaturgo, músico e titiriteiro, madrileño de nacemento e galego de adopción, Luis Vallecillo é creador deste proxecto. Poderiase definir como un artista multidisciplinar, así como Técnico Superior en Animación Sociocultural

Con máis de 15 anos de experiencia en “Cultura para a Infancia e Familia” creou máis de 20 espectáculos teatrais e máis dun centenar de cancións.

No 2018 estrea o seu primeiro Audio-libro “Cantamos” e a día de hoxe conta cas seguintes creacións:

 – magic & music (2025)

 – neofalante (2024)

 – Cantamos con rosalía? (2023)

 – A Igualdade non ten Idade (2022)

 – selkie “a lenda do mar do norte” (2021)

 – No Camiño con Luis (2020)

 – O Bigote de Mimí (2019)

 – Cantamos con Luis! (2012)

 

 

Onde atoparme?

Ir o contido