Creación de novos públicos e unha boa maneira de aproximar as artes escénicas ao público infantil é precisamente dende os centros educativos, polo tanto, co fin de promover o seu interese pola música e o teatro, Luis Vallecillo que dende o 2004 participa en diferentes proxectos socio-educativos tanto en Madrid como en Galicia, leva realizando Campañas Escolares de cara a creación de novos públicos dende o 2007 coa compañía “A Xanela do Maxín” e partir do 2013 comeza o seu proxecto de música infantil en solitario con “Cantamos un Conto?”. No 2016, xunto coa Banda do Cuberto, estrea “O Bigote de Mimí”, baseado na obra de Manuel María e no 2017, “O Mundo de Carliños” de música e monicreques.
Con preto de 500 intervencións en centros escolares de Galicia, xa desfrutaron dos seus espectáculos tanto teatrais como musicais máis de 25000 alumnos co principal obxectivo de incentivar ó público máis novo para que acuda ó teatro e outros espazos culturais ó tempo que espertamos o seu interese polas diferentes expresións artísticas e música familiar.
A proposta está dirixida cara nenas e nenos de 3 a 12 anos en sesións nas que preferiblemente estean representado o maior rango de idades posible co fin de que a participación sexa máis plural e que as inquedanzas e intereses de cada un dos grupos enriqueza ós demais.
A duración aproximada das actividades é de 50 minutos e todo o material necesario será aportado pola compañía. En canto ao espazo, o interesante é que ante todo sexa cómodo para as nenas e nenos, non precisando ningunha característica especial.
Colabora Educa Bonito
> info@luisvallecillo.gal <<