Biografía

Compositor, músico, titiriteiro, escritor, dramaturgo e poeta, Luis Vallecillo é creador deste proxecto. Poderiase definir como un artista multidisciplinar, así como Técnico Superior en Animación Sociocultural

Con máis de 15 anos de experiencia en “Cultura para a Infancia e Familia” creou máis de 20 espectáculos teatrais e máis dun centenar de cancións.

No 2018 estrea o seu primeiro Audio-libro “Cantamos” e a día de hoxe conta cas seguintes creacións:

– Cantamos con Luis? (2018)

– O Bigote de Mimí (2019)

– No Camiño con Luis (2020)

 – A Igualdade non ten Idade (2022)

Autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros.

Por outra banda produxen á vez interpreto os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”

Onde atoparme??

Facebook: https://www.facebook.com/luisvallecillo.oficial
Instagram: https://www.instagram.com/luisvallecillo_oficial/?hl=es
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCheW9UyjvUMl4ssxwY7hwHw
Spotify: https://open.spotify.com/artist/7x4rbxWZCKtZkoKECKuAOZ

>    info@luisvallecillo.gal   <<