“Selkie” A Lenda do Mar do Norte”
…arrolada pola incontida forza do mar do Norte. A costa é acariñada pola auga e a terra sacudida polo vento que da tormenta emerxe…Amor-odio entre os que habitan a rexión e aqueles que o mar protexe. Demasiadas vidas nesgadas…,antigos pobos de pescadores que con cada naufraxio perderon algo que, aínda hoxe, senten perténcelles. A Selkie habita este mar…un espectáculo onde descubriremos a orixe da lenda do mar do norte…títeres, música e a historia de como unha nai e un fillo coñeceron o auténtico “O Amor Incondicional”….todo isto arroupado por moitas mesaxes transversais sobre a importancia de respetar e coidar o mar no seu entorno e a sua diversidade….