A lingua perdida
Gustaríanos celebrar contigo o aniversario da biblioteca con contos, cancións, misterios e por suposto unha gran torta de aniversario!
Cántos anos ten él? Naceu no mesmo lugar ou estivo situado noutro lugar antes? Creceu? Entre todos imos facer de detectives. Buscaremos pistas sobre a historia da biblioteca entre os libros para crear a nosa particular “historia da biblioteca”, dende o seu nacemento ata a actualidade. Porque en cada biblioteca hai mensaxes ocultas que nos dan pistas sobre a súa vida. Esas mensaxes colócanse estratexicamente nos andeis.
Descubrirémolo durante a actividade, con música, cancións, contos, xogos, globos, grilandas… e unha gran torta coas súas velas para desexarlle moita vida á biblioteca. Unha vida chea de libros, socios, voluntarios, lectores e usuarios.